03 abril 2013

Unha celebración en Xiá (1912)

Cruceiro de Xiá
Chapitel orixinal

Antiga Escola de Xiá
Nos primeiros anos do século XX, os diferentes gobernos imbuídos polo rexeneracionismo presente na España de fins do XIX e principios do século XX , decidiron, alentados pola "Sociedad de Amigos del Árbol" presidida polo enxeñeiro de montes Ricardo Codorníu,  promover a celebracion de "Fiestas del Árbol" por toda a xeografía hispana que, como indicaba o artigo 1 do Real Decreto de 11 de marzo de 1904, "habrá de tener por objeto, además de los fines educadores que persigue, la siembra o plantación de árboles en un trozo de monte público o en lugar adecuado de sus cercanías, (...), según lo aconsejen las condiciones de cada termino municipal.".
Como a actividade proposta carecía do necesario financiamento, quedou a cousa nunha declaración de boas intencións ata a primavera do ano 1912, na que coa Sociedade antes citada xa constituída formalmente empezáronse a organizar estas festas da árbore, dependendo iso si, do interese das autoridades locais do momento.
Xa no 1915 o goberno publicou un decreto declarando obrigatoria a celebración da mesma e mesmo esixindo aos concellos para a aprobación dos seus presupostos a necesaria dotación económica "por mínima que fuese" da citada festa.
Na provincia de Lugo, é o ano 1912, o primeiro do que temos constancia da celebración destas festas das árbores ao longo de toda a súa xeografía. Impulsor preclaro das mesmas foi o" inspector de 1ª Enseñanza D. Manuel Lorenzo Gil". O concello de Friol non quedou atrás.
O alcalde D. Ángel Martínez Neira, xunto cos párrocos e mestres organizaron en Xiá "La fiesta del Árbol" que se celebrou o día 3 de marzo dese ano.
Transcrbimos a noticia sobre a mesma publicada no diario "El Regional" de 4 de marzo de 1912 na que inicialmente se fala do perigo de suspensión da actividade por mor das inclemencias do tempo, para despois falar xa do desenvolvemento da mesma:
" (...) Los niños ya confesados el sábado, despues de reunirse en la escuela a las nueve y media de la mañana, se dirigieron a la iglesia para cumplir con el precepto pascual. Durante la comunión hubo bombas en abundancia y la banda popular de Sobrado (Coruña) acompañó a los niños (125) hasta la iglesia y amenizó el resto de la fiesta. Retornaron los niños a la escuela y allí se desayunaron con abundantes pastas, que el celoso párroco (de Xiá) D. Hermenegildo Roca había encargado a este fin.
Terminado el desayuno , dirigieronse los niños a oir misa en el mismo lugar de la plantación (o espazo dedicado a tal fin é o que hoxe ocupa o edificio destinado ás actividades socioculturais da parroquia e que se encontra a escasos douscentos metros da igrexa parroquial e que no seu momento --non sabemos se daquela-- foi destinado a horto da escola de Xiá).
Fue aquella cantada (a misa) por cinco señores sacerdotes (os de Xiá, Condes, Carballo e cremos que o de Friol D. Francisco Varela e o de Roimil D Melchor Castiñeira). El sermón estuvo a cargo de D. Román Bravo, párroco de Condes y fue alusivo a la bendición e inauguración de un hermoso crucero , que construyeron los vecinos de esta parroquia para recuerdo de la fiesta. El mismo Sr cura en correctísimas y atinadas frases expuso a los niños la necesidad de multiplicar las plantaciones de árboles por las grandes utilidades que reportan a la humanidad, así como la protección a los pájaros".( Hai que indicar que a festa en moitos dos lugares que se celebraba incorporaba no seu título "Fiesta del árbol y del pájaro") 
"Al final de la misa leyó la profesora Dª Vicenta Puga y Castro (mestra da escola de Xiá), una alocución, admirablemente escrita por el joven de la Coruña don Gerardo Corredoira Silva, quien se adhirió al festival y envió 300 ejemplares de su trabajo para repartir entre los niños e invitados. Inmediatamente se procedió a la bendición del crucero y del árbol, siendo plantados estos por el Sr. Alcalde y los niños.
Fueron padrinos de la bendición la Srta Dª María Martínez, hermana del Sr. Alcalde y el párroco de Carballo Sr. Castro (D. Domingo). Un grupo de 20 niños cantó el himno al árbol. 
(Este himno composto por Ezequiel Solana formou parte dos libros de texto daqueles anos editados por Saturnino Calleja --o dos contos-- e que rezaba así:


Es el árbol el símbolo augusto 
de la industria, el progreso y la paz; 
fomentemos la Fiesta del Árbol 
si a la Patria queremos honrar. 
Es la Fiesta del Árbol, la fiesta 
más hermosa, culta y social; 
la que llena de encantos al niño, 
la que brinda venturas sin par. 
Quien en campo o jardín planta un árbol, 
y lo cuida después con afán, 
da a los hombres salud y riquezas 
y a Dios alza en su pecho un altar...
Neste enlace pódese ler o himno completo.
Continuaba a noticia informando que " las distinguidas Srtas Manola Martínez (filla do alcalde) y Conchita Mouronte lanzaron al espacio un crecido número de palomas. 
Terminó la fiesta con un reparto de lotecillos a cada uno de los niños que asisten a la escuela, conteniendo abundante comida, siéndoles entregados por las autoridades y los padrinos de la bendición." (Non relata a noticia o feito de que algúns nenos leron pequenos discursos, pero podemos afirmalo pola achega que nos fixo o pedáneo de Xiá D. Alfredo Brao, ao narrar como o seu pai "daquelas tiña seis anos, naceu no 1906, leu un discurso ao pé do cruceiro" o que dá pé a pensar que habería máis rapaces participando coas súas lecturas ben preparadas).
Do cruceiro sufragado polos veciños hai que dicir que debido a un accidente cun camión xa hai uns cantos anos ( non sabemos con seguridade pero máis de 12) caeu e escachou.Foi substituído por unha réplica que só conserva a plataforma e o chapitel orixinais.
Ao tempo foi desprazado uns metros da súa posición inicial e eliminóuselle algún dos chanzos sobre os que se levantaba. 
A árbore foi derrubada. Da plantación deben quedar escasamente media ducia de árbores.
Os restos do cruceiro vello están gardados nunha casa particular en espera de lle dar algunha utilidade. O noso patrimonio!

6 comentarios:

Anónimo

Impresionante. Moita información (de todo tipo). Toda una época. Non teño palabras; sinxelamente, indescriptible. Que... mundo! Cada quen que lea, seguro que terá moitos cortocircuitos ó ler un mundo tan cercano, e tan peculiar.

H.M.


A celebración chamada oficialmente "Fiesta del ärbol" celebróuse en 1912 en Xiá porque era nesta parroquía de Friol, onde residía o Alcalde de Friol D. Angel Martínez Neira, máis coñecido por este 2º apelido. A súa filla Manola casou en Lugo, onde hoxe vive parte da súa descendencia. O comercio de Friol, "casa Neira" foi fundado polo seu fillo D.José Martínez Mendoza. O alcalde casou en segundas nupcias coa mestra da parroquía D. Vicenta Puga. Conchita Mouronte irmá de Paco Mouronte, foi mestre , entre outros sitios de Narla. O xoven Gerardo Corredoira tivo unha acreditada moblería na céntrica rúa de San Andrés de A Coruña.
En canto ó cura da parroquía de Xiá D. Hermenegildo Roca vivía na mesma fortaleza de S. Paio de Narla, onde foí obxecto de algún asalto por un bandolero da zoa, que creo que o nomeaban " O Cruxás", e que tiña o seu refuxio nos montes entre Friol e Toques, entre os montes Ouroso e Bocelo.

Anónimo

Canta falla facia as historias que
aportades sobre Friol. A xente do concello podevos estar ben agradecida. Un pobo sin historia non e nada.

Sobre os cruceiros da parroquia de Xiá teño oido que algúns teñen historias trágicas, que si alguen sabe delas podría contalas.

Anónimo. 4 de abril do 2013

Carricoba

Agradecer a achega informativa de Higinio M. F de la Vega que completa a entrada.
Das festas das árbores xa hai referencias no Mondoñedo no século XVI –pasa por ser a primeira celebración dese tipo en España, e despois nun lugar de Cáceres a principios do século XIX.
A fins dese século empezaron a espallarse por España ata que se celebraron xa dun xeito institucional que como ben dis recibían o nome de "La fiesta del árbol".
Non sei se chegaches a coñecer ao teu avó (D. Ángel Martínez Neira) entendemos que a casa de Xiá sería da familia materna do alcalde. Agora a vivenda está rehabilitada e non sabemos se segue pertencendo á túa familia directa ou indirecta.
Unha mágoa o do cruceiro vello!.
Na cidade de Lugo aquel domingo 3 de marzode 1912 engalanaron a muralla para a celebración da citada festa con esmaltes con proclamas do alcalde, gobernador civil, bispo e demais autoridades.
É mágoa non ter máis referencias da celebrada en Xiá.
Un saúdo
Ah ! o que comentas do Curuxás: No blog xa hai tempo tiñamos colgada algunha entrada falando deste fuxido e cremos que xa comentamos algunha das súas “correrías” por terra de Condes.
Descoñeciamos o feito do cura de Xiá
Aos outros comentarios só dicir que xa sabedes que interese non nos falta e ante todo grazas por seguirnos. Dános ánimos para continuar.
Miraremos de recoller máis historias.
Outro saúdo

H.M.

Non cheguei a coñocer ós meus avós paternos, o mencionado Alcalde e a súa primeira dona,que morreron relativamente xóvens. O que si fun, durante uns meses, a escola da segunda muller do avó en Xiá, que se comportaba como unha verdadeira avoa. Naquela época, dado que a parroquía e a máis grande do Concello, e estaba moito máis poblada que hoxe, e os mestres escaseaban, atendía o redor de 100 alumnos.
A vivenda rehabilitada recentemente, que no seu día heredeu o fillo do 2º matrimonio o médico D. Angel Martínez Puga,pertence na actualidade ó seu fillo, neto do Alcalde e primo meu, D. Angel Martínez-Puga López, médico e tenente de alcalde en Baleira.
Unha forte aperta.

Carricoba

Vale! Graciñas Higinio.
Debeu botar ben anos Dª Vicenta como mestra alí.
Sei que debeu empezar a dar escola no 1911. A referencia inicial que tiñamos era que fora destinada á escola de Carballo.
100 alumnos dis.Iso era algo máis que vocación. Xa só en pasar lista ocuparía un bo cacho de tempo. E hoxe contamos cos dedos das mans os rapaces de Xiá na ESO , e non só de Xiá.
Repetimos, graciñas ee un saúdo

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.