12 maio 2009

A serpe da cova: un divertimento.

Achégase o día do estreo da obra de teatro "A serpe da cova". O grupo de teatro ten xa case perfilada a posta en escena da mesma e estalle dando os últimos retoques á mesma.
"A serpe da cova" é unha mestura da lenda da "Cova da Serpe"con un feito histórico acaecido a principios do s. XVII, cando o Señor da Torre de San Paio fai desaparecer de xeito misterioso a un veciño da parroquia de Lamas, por andar este, na procura de tesouros nas mámoas dos Castelos.
Por outra parte, mesturamos pasado e presente pois os personaxes fan referencia a feitos relacionados coa actualidade tanto do concello como do país.
Todo en clave de humor e coa intencionalidade manifesta de recuperar e pór en valor elementos que pertencen á historia e á cultura destas terras; facer un repaso crítico á actualidade recente e, ao tempo, procurar uns momentos de diversión.
O bo labor das actrices, os decorados, o vestiario e o escenario - do que nada hai que dicir que non saibamos-- auguran unha representación exitosa. Iso esperamos.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.