25 setembro 2008

Galicia Encantada

Unha páxina moi entretida e que ten cantidade de material relacionado coa cultura popular de tradición oral é esta de Galicia Encantada.

Nesta páxina colabora todo aquel que quere. Veredes que hai algunha cousiña que se enviou desde Friol.
O webmaster é unha persoa coñecida por todos pois é o autor de "Memorias dun raposo" co que aínda botamos unhas risas nas sesións de lectura.
Non , non é Afonso Alfonso, aínda que o podería ser, trátase de Antonio Reigosa.
Se visitades a páxina e queredes opinar facédeo.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.